Examinado o expediente instruído por instancia do centro privado Cruz Roja Española da Coruña, polo que solicita autorización para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de integración social.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.
Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa
DISPÓN:
Primeiro.-Autorizar ó centro privado Cruz Roja Española da Coruña, para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de integración social, segundo se especifica no anexo desta orde.
Segundo.-Mentres non se extinguen as ensinanzas de FP2, segundo o calendario de aplicación da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderán seguir impartindo as ensinanzas da rama sanitaria; especialidades: laboratorio e radiodiagnóstico.
Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado para imparti-las ditas ensinanzas.
Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2001.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Localidade: A Coruña.
Enderezo: Joaquín Planells, s/n.
Código do centro: 15021986.
Denominación: Centro Privado Cruz Roja Española.
Titular: Mª del Carmen Colmeiro Rojo.
Ensinanzas que se autorizan:
Familia profesional: servicios socioculturais e á comunidade.-1 ciclo formativo de grao superior de integración social (1 unidade para 30 alumnos).
Composición resultante:
Familia profesional: sanidade.-1 ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (1 unidade para 30 alumnos).
-1 ciclo formativo de grao medio de farmacia (1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de imaxe para o diagnóstico (2 unidades, 30 alumnos/unidade).
-1 ciclo formativo de grao superior de laboratorio de diagnóstico clínico (2 unidades, 30 alumnos/unidade).
Familia profesional: servicios socioculturais e á comunidade.-1 ciclo formativo de grao superior de animación sociocultural (1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de integración social (1 unidade para 30 alumnos).