Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.262

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 13 de xuño de 2001 pola que se autoriza a inclusión da escola de música municipal da Rúa de Valdeorras (Ourense) no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 144, do xoves, 26 de xullo de 2001, é preciso face-la seguinte corrección:

Na páxina 10.187, no anexo, na liña segunda onde di: «Concello: Ourense», debe dicir: «Concello: Rúa, A».