Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.262

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sobre delegación de atribucións do secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 13 de setembro de 2001 disponse que o secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública se encargue do despacho dos asuntos da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

A necesidade de axilizar no posible todos aqueles asuntos que non esixan unha atención directa e persoal do secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas aconsella que este delegue no xefe de servicio de Administración e Réxime Interior da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas determinadas funcións, co que se conseguirá unha maior eficacia, o que sen dúbida repercutirá beneficiosamente no funcionamento da Administración autonómica.

Na súa virtude, e segundo o disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro,

RESOLVO:

Primeiro.-Deléganse no xefe de Servicio de Administración e Réxime Interior da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas o exercicio das funcións e competencias asignadas á antedita secretaría xeral polo Decreto 261/1994, do 29 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica dos centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Segundo.-As resolucións administrativas que se adopten facendo uso das delegacións contidas nesta resolución farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas polo órgano delegante.

Terceiro.-Esta resolución será de aplicación desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2001.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da

Presidencia e Administración Pública