Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.246

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de setembro de 2001 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais no ámbito da actividade desenvolvida polos veterinarios dependentes da Consellería de Sanidade e Servivios Sociais e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura durante a folga convocada para os días 17, 18 e 19 de setembro de 2001.

O exercicio do dereito de folga queda condicionado ó mantemento dos servicios esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 xuño).

O artigo 3 do devandito decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga determinen o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios e o persoal preciso para prestalos.

A Federación de Servicios Públicos da Unión Xeral de Traballadores-UGT-de Galicia, a Federación da Administración Pública da Confederación Intersindical Galega-CIG-, a Federación da Área Pública de CC.OO. de Galicia e o sector autonómico da Confederación Sindical Independiente de Funcionarios -CSIF-, en escrito do 26 de xullo de 2001, comunicaron a convocatoria de folga xeral que afectará a tódalas actividades laborais e funcionariais desempeñadas polos/as veterinarios/as oficiais dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no ámbito da Administración da Xunta de Galicia durante toda a xornada dos días 17, 18 e 19 de setembro de 2001, comezando ás 0 horas e rematando ás 24 horas.

Ante o carácter de folga xeral que afectará a tódalas actividades laborais e funcionariais desempeñadas polos veterinarios/as oficiais dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no ámbito da Administración da Xunta de Galicia, cómpre fixa-los servicios mínimos do persoal afectado pola folga que desenvolva a súa actividade nas devanditas consellerías con fin de concilia-lo exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais que se concretan e xustifican na presente orde.

Na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais os servicios mínimos que se establecen, resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios da institución sanitaria, e evitar que se produzan graves prexuízos para a saúde dos cidadáns.

Tales servicios mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, co mantemento dunha serie de servicios á poboación, que baixo ningún concepto poden quedar desasistidos, e deberán ser prestados tendo en conta as obrigas que o marco normativo vixente, no contexto europeo, nacional ou autonómico, establece en materia alimentaria co obxectivo de protexe-la saúde dos cidadáns.

Para determina-los devanditos servicios téñense en conta os seguintes criterios rectores:

1. A regulamentación vixente (normativa europea e nacional) en materia de control sanitario para a obtención e comercialización de carnes frescas, obriga a que, en cada matadoiro autorizado (homologado) para o sacrificio de gando, haxa alomenos un inspector veterinario oficial que supervise toda a actividade diaria do matadoiro.

2. A situación de desabastecemento do mercado de carne por mor das tres xornadas de folga convocadas, situación que aínda se ve máis agravada ó coincidi-lo inicio da folga despois dunha fin de semana.

3. As inspeccións obrigadas pola regulamentación vixente en determinadas instalacións e actividades como salas de parta, almacéns frigoríficos, etc.).

4. A necesidade de asegura-la calidade sanitaria dos productos que son obxecto de inspección nas grandes lonxas (A Coruña e Vigo).

5. A cobertura das necesidades urxentes ou de perentoria necesidade, entre as que se atopan alertas alimentarias de nivel I, intoxicacións alimentarias, actuacións especiais en establecementos, e calquera outra que a autoridade sanitaria competente determine como tal.

Estes criterios rectores explicítanse do modo seguinte:

-Os inspectores veterinarios oficiais de saúde pública de comarca cubrirán as necesidades urxentes ou de perentoria necesidade, entre as que se atopan alertas nivel I, intoxicacións alimentarias e actuacións especiais en establecementos de alimentación.

Ademais, realizarán en salas de parta e matadoiros de escasa capacidade, as tarefas necesarias para evita-las situacións de desabastecemento que se poidan producir pola duración da folga (tres días despois dunha fin de semana) e as situacións especiais derivadas das urxencias que poidan producir, entre as que se atopan as de benestar animal, e outras de semellante natureza.

-Os inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiro realizarán as tarefas necesarias para evita-las situacións de desabastecemento que se poidan producir pola duración da folga (tres días despois dunha de semana) e cubrirán as situacións especiais

derivadas das urxencias que poidan producir, entre as que se atopan as de benestar animal, e outras de semellante natureza.

-Para os inspectores veterinarios de saúde pública de lonxa, considérase que dos seis existentes, tres na Coruña e tres en Vigo, debe quedar polo menos un por cada lonxa os días da folga, co fin de asegura-la calidade sanitaria dos productos que son obxecto de inspección.

Na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura non se estima necesario o establecemento de servicios mínimos, por estar debidamente garantido o mantemento dos servicios esenciais polo persoal de inspección pesqueira.

En consecuencia, e de acordo co establecido no parágrafo 5.2º do Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia aprobado polo Decreto 111/1984, do 25 de maio, por proposta da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e oído o comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O mínimo de actividade e o persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais durante a folga convocada con carácter xeral durante toda a xornada dos días 17, 18, e 19 de setembro de 2001, no ámbito da actividade desenvolvida polos veterinarios dependentes da Consellería de Sanidade e Servivios Sociais e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura comenzando ás 0 horas e rematando ás 24 horas, é o seguinte:

Delegación Provincial de Sanidade e S. Sociais da Coruña.

Zona A Coruña:

-Xefe de zona: 1.

-Directores técnicos de industrias alimentarias: 1.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de comarca: 4.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros: 11 (8 en matadoiros de vacún, 1 en matadoiros de porcino e 2 en matadoiros de aves e coellos).

-Inspectores de lonxas: 1.

Zona de Ferrol.

-Xefe de zona: 1.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de comarca: 2.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros: 3 (2 en matadoiros de vacún e 1 para matadoiros de aves e coellos).

Zona de Santiago de Compostela.

-Xefe de zona: 1.

-Directores técnicos de industrias alimentarias: 1.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de comarca: 2.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros: 6 (4 en matadoiros de vacún e 2 para matadoiros de aves e coellos).

Zona de Noia.

-Xefe de zona: 1.

-Directores técnicos de industrias alimentarias: 1.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de comarca: 2.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros: 3 (2 en matadoiros de vacún e 1 para matadoiros de aves).

Delegación Provincial de Sanidade e S. Sociais de Lugo.

Zona de Lugo.

-Xefe de zona: 1.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de comarca: 2 (un en quenda de mañá e outro en quenda de tarde).

-Inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros: 8.

Zona de Burela.

-Xefe de zona: 1.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de comarca: 2 (un en quenda de mañá e outro en quenda de tarde).

-Inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros: 3.

Zona de Monforte de Lemos.

-Xefe de zona: 1.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de comarca: 2 (un en quenda de mañá e outro en quenda de tarde).

-Inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros: 3.

Delegación de Sanidade e S. Sociais de Ourense.

Zona de Ourense.

-Xefe de zona: 1.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de comarca: 2 (un en quenda de mañá e outro en quenda de tarde).

-Inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros: 7 (6 en matadoiros de vacún e 1 para o de aves).

Zona de Verín.

-Xefe de zona: 1.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de comarca: 1 (quenda de tarde).

-Inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros: 2 .

Zona do Barco de Valdeorras.

-Xefe de zona: 1.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de comarca: 1 (en quenda de tarde).

-Inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros: 2.

Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

Zona de Pontevedra.

-Xefe de zona: 1 .

-Directores técnicos de industrias alimentarias: 1.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de comarca: 3 ( un deles para atende-las salas de pauta da comarca de Pontevedra e Cangas, e outro na comarca de Vilagarcia).

-Inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros: 6.

Zona de Vigo.

-Xefe de zona: 1 .

-Directores técnicos de industrias alimentarias: 1.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de comarca: 2 (un deles para atender a salas de pauta de obrigada inspección diaria).

-Inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros: 7.

-Inspectores de lonxas: 1.

Zona de Lalín.

-Xefe de zona: 1.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de comarca: 1.

-Inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros: 6.

Artigo 2º.-O persoal que debe presta-los servicios relacionados no artigo anterior será destinado polos delegados provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Artigo 3º.-O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable ós diversos colectivos.

Artigo 4º.-O disposto na presente orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia de Administración Pública