Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Convócase concurso urxente para adxudicación da obra:

Obxecto do contrato: cubrición de pista polideportiva de Xil.

Prazo xeral de execución: o prazo de execución fíxase en:

* A execución do financiamento correspondente ó programa de infraestructuras deportivas 2000 e Plan de acción municipal 2000: deberá estar executado e xustificado antes do 29 de outubro de 2001.

* Resto do proxecto o prazo de execución fíxase en tres meses desde a data de formalización do contrato.

Tipo de licitación: 20.153.840 pesetas, IVE incluído.

Capacidade para contratar: están capacitados para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan capacidade de obrar e acrediten a seguinte clasificación: grupo C, subgrupo 3, categoría C e solvencia económica, financeira e técnica nos termos dos artigos 16 e 17 do TRLCAP e non estean afectados por ningunha das circunstancias que enumera o artigo 20 como prohibitivas para contratar.

Garantías: provisoria: non se esixe. Definitiva: será do 4% do importe de adxudicación.

Obtención de documentación e información: Concello de Meaño, rúa Campo da Feira nº 1 Meaño, CP 36968. Teléfono: 986 74 71 02. Fax: 986 74 73 91.

Presentación de proposicións: lugar e prazo: presentaranse no rexistro xeral do concello en horario de 9 a 13.30 horas no prazo de 13 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do anuncio de licitación no BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 9 e segundo modelo de proposición contida na 18.

Criterios que servirán de base para a adxudicación do concurso: os que figuran na cláusula 11 do prego.

Apertura de proposicións: a mesa de contratación, reunirase ás 13 horas do día hábil seguinte ó da data de remate de presentación de proposicións.

Gastos de publicación: serán a cargo do adxudicatario.

Tramitación, procedemento e forma: tramitación: urxente, procedemento: aberto, forma: concurso.

Meaño, 31 de agosto de 2001.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde

C0NCELLO DE MURAS