Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOURENZÁ

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente o Plan parcial do parque empresarial de Lourenzá (Lugo), ábrese un período de información pública dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que poidan formularse as suxestións e alegacións que se consideren oportunas de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, iniciándose o cómputo do prazo en referencia á última publicación.

Os interesados poderán examina-la documentación referida en horario de oficina no Concello de Lourenzá.

Lourenzá, 8 de agosto de 2001.

Vidal Martínez Sierrra López

Alcalde