Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MURAS

EDICTO sobre convocatoria de poxa de arrendamento de bar-restaurante Área de Descanso de Peregrinos.

1. Entidade adxudicadora: a) Concello de Muras. b) Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: arrendamento do bar-restaurante Área de Descanso de Peregrinos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: urxente; b) Procedemento: aberto; c) Sistema: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 200.000 pesetas.

5. Garantías: non se esixen.

6. Obtención de información: Concello de Muras. Praza da Galeguidade nº 4. Muras 27836. Teléfono: 982 50 00 01. Fax: 982 50 00 63. Data límite de obtención de información: ata o día anterior á finalización do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos: clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio no DOG (caso de ser inhábil, ata o seguinte día hábil). b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula correspondente do prego. c) Lugar de presentación: o indicado no punto 6.

9. Apertura de ofertas: a) Data: o primeiro día natural seguinte á finalización do prazo para presentar proposicións, ou inmediato día hábil posterior. b) Ás nove horas.

10. Gastos de anuncios: sempre por conta do adxudicatario.

Muras, 9 de agosto de 2001.

Issam Alnagm Azzam

Alcalde