Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.189

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 6 de agosto de 2001 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Como afronta-la esquizofrenia. Unha guía para familiares e coidadores.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala no seu artigo 6 a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2001.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

-Como afronta-la esquizofrenia. Unha guía para familiares e coidadores: 2.136 pesetas (12,84 euros).