Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.181

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de agosto de 2001 pola que se autoriza a modificación de ensinanzas ó centro privado Cofisad da Coruña.

Examinado o expediente instruído por instancia do centro privado Cofisad da Coruña, solicitando autorización para impartir 1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos en quenda de tarde noite e 1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de mañá, en substitución dos ciclos formativos de grao superior de secretariado (autorizado por Orde do 7 de setembro de 1999-DOG do 29 de setembro) e xestión comercial e marketing (autorizado por Orde do 22 de marzo de 2000-DOG do 27 de abril en quenda de tarde noite).

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non

universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la modificación de ensinanzas ó centro privado Cofisad da Coruña, consistente en impartir 1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos en quenda de tarde noite e 1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de mañá, en substitución dos ciclos formativos de grao superior de secretariado e xestión comercial e marketing, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Mentres non se extinguen as ensinanzas de FP2, segundo o calendario de aplicación da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderán seguir impartindo as ensinanzas da rama administrativa e comercial; especialidade: administrativa.

Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado para imparti-las ditas ensinanzas.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Burgallal Marchesi nº 52-A.

Código do centro: 15026571.

Denominación: centro privado Cofisad.

Titular: Pedro Díaz Currás.

Composición resultante:

Quenda de mañá:

Familia profesional: administración.-1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 20 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades, 20 alumnos/unidade).

Familia profesional: informática.-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 20 alumnos/unidade).

Quenda de tarde noite:-2 ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos (4 unidades, 20 alumnos/unidade).