Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.179

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PRESIDENCIA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2001 pola que se lle concede a Medalla de Galicia na súa categoría de prata á Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Examinado o expediente relativo á concesión da Medalla de Galicia na súa categoría de prata á Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, en atención á brillante traxectoria profesional nos seus dez anos de actuación ó servicio da sociedade e das institucións de Galicia, e visto o dictame emitido pola Comisión Asesora previsto no artigo 3.2º do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, e o artigo 4º, parágrafo segundo, do mencionado decreto, na redacción dada polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, en virtude das competencias que me confire o referido decreto,

RESOLVO:

Concederlle a Medalla de Galicia na súa categoría de prata á Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de setembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente