Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.179

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 3 de setembro de 2001 pola que se nomean os membros integrantes da Comisión Galega de Bioética.

O Decreto 177/2000, do 22 de xuño, polo que se regula a creación e autorización dos comités de ética asistencial, dispón na disposición adicional primeira que por orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais se regulará a creación, composición e funcións da Comisión Galega de Bioética, que terá como ámbito xeográfico e institucional de actuación a Comunidade Autónoma de Galicia, e que actuará como órgano asesor da consellería nesta materia.

En consecuencia, por orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 13 de febreiro de 2001 (DOG nº 45, do 5 de marzo) créase a Comisión Galega de Bioética. Nos seus artigos 3 a 7 determina a composición da citada comisión.

Na súa virtude, e no uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméanse como membros da Comisión Galega de Bioética as persoas que a continuación se relacionan:

-Presidente: Francisco J. López Rois, director xeral da División de Asistencia Sanitaria.

-Vocais:

Ángel Carracedo Álvarez, doutor en medicina e cirurxía.

José Pérez Vilariño, doutor en ciencias políticas e socioloxía.

César Álvarez Vázquez, licenciado en dereito.

Fernando Márquez Gallego, licenciado en medicina e cirurxía.

Santiago Tomé Martínez de Rituerto, doutor en medicina e cirurxía.

Luis Alba Ordás, licenciado en medicina e cirurxía.

José Noval Cinza, diplomado en enfermería e licenciado en dereito.

Nieves Domenech García, doutora en ciencias biolóxicas.

Ángeles Freire Fojo, licenciada en farmacia.

Elisardo Becoña Iglesias, doutor en psicoloxía.

-Secretario: Luis Matos Espiño, funcionario da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

O secretario será o responsable da Secretaría Técnica.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2001.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais