Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO do 3 de agosto de 2001 da aprobación definitiva do Plan parcial do polígono 1 do solo urbanizable do PXOM de Verín formulado por Primosca, S.L., Centro de Servicios do Transporte de Verín.

Para cumprir co disposto no artigo 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local e 48 da Lei

1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise pública a aprobación definitiva do Plan parcial do polígono 1 do solo urbanizable do PXOM de Verín, formulado por Primosca, S.L., Centro de Servicios do Transporte de Verín que, co quorum que esixe o artigo 47.3º.i) da Lei de bases de réxime local e 215.2º.i) da Lei de Administración local de Galicia, acordou o Pleno do Concello na súa sesión do 26-7-2001, recolléndose a continuación a parte dispositiva do acordo que se adoptou:

Primeiro.-Resolver todas e cada unha das alegacións que se presentaron, trala aprobación inicial do plan parcial, por Eloy Macía Pérez e José Rúa Peña no sentido que se indicará e polos motivos recollidos nos informes da oficina de xestión urbanística e da vicesecretaría da deputación provincial, asumindo este pleno integramente as resolucións que para cada alegación se propoñen nos devanditos informes, polo que se lles notificará este acordo ós alegantes e achegarase á notificación copia cotexada dos informes.

Alegacións que se resolven e motivos do seu rexeitamento:

A. Alegacións sobre cuestións procedementais:

1. As alegacións sobre cuestións procedementais (ausencia de informes preceptivos e notificacións a interesados) non demostran senón erros que foron corrixidos durante a tramitación posterior do procedemento de aprobación do instrumento, de xeito que non se producíu ningunha indefensión, polo que se desestima.

B. Alegacións sobre normativa urbanística:

En canto ás alegacións sobre cumprimento da normativa urbanística (delimitación do plan parcial; propiedade de terreos; conexión a redes xerais; xestión urbanística; parcela dotacional; incumprimento do convenio urbanístico e estudio económico-financeiro) desestímanse por canto que:

B1. Delimitación do plan parcial.

-Non se acredita a inclusión no sector de espacios de titularidade estatal ou provinical, feito que se confirma coa non presentación de alegacións polos organismos afectados no momento en que emiten os seus informes favorables.

-A existencia dun compromiso dos promotores do plano de realizar pola súa conta e entregar ó uso público unha glorieta de acceso ó recinto, de xeito que se garanta a conexión ó sistema xeral.

Desestímase polos motivos expostos.

B2. Propiedade dos terreos.

-A pretendida esixencia de que acredite a titularidade dos terreos non existe nin legal nin regulamentariamente como requisito para a elaboración e aprobación dun plan parcial. Por canto a alegada existencia doutros dous propietarios con dereito ó

aproveitamento (a provincia e o Estado), notificados oportunamente nada alegaron sobre o particular e informaron favorablemente o instrumento de planeamento en cuestión.

Desestímase polos motivos expostos.

B3. Conexión a redes xerais.

-Con respecto á estimación económica do custo da implantación destes servicios, no que respecta ó informe dos servicios técnicos 25 de febreiro de 2000, a memoria do plan parcial explica que a insuficiencia do abastecemento de auga a partir da acometida do centro da ESO refírese á subministración necesaria para a rede de bocas de rega contra incendios. Por iso, o plan prevé a realización dun pozo de captación e un depósito regulador, complementario do sistema, para a rede de hidrantes. Pozo e depósito que si teñen un custo previsto no estudio económico do plan, o que refuta a alegación formulada.

No que atinxe ó custo da rede de saneamento ata a depuradora, o estudio económico non constitúe un orzamento con prezos unitarios, senón un conxunto de partidas alzadas, nas que debería entenderse incluído o custo das expropiacións precisas. Debe insistirse no carácter estimativo do estudio, e na súa ausencia do valor normativo, así como no feito de que a urbanización do sector non implica a necesidade de gasto público (a parte que corresponda ó concello compénsase coa cesión de aproveitamentos en metálico).

Por último, e no que respecta ó suposto incumprimento do artigo 79 do PXOM, en canto á obrigatoriedade de que o trazado da rede de saneamento discorra pola rede viaria e espacios libres de uso público, e aínda que a alegación non concreta en que casos se produce o incumprimento, enténdese que debe referirse á conexión coa depuradora, xa fóra do sector. A aplicación do artigo 79 do PXOM esixe, como toda norma, un orzamento fáctico de posibilidade material que neste caso non se produce, na medida en que soste-la interpretación da alegación, neste caso, equivalería a entender que o Plan xeral de Verín obriga a que unha rede de saneamento de Verín discorra por un municipio distinto.

Doutra parte, non debe esquecerse o carácter normativo do plan parcial, que se ben se atopa xerarquicamente subordinado ó plan xeral, en determinados aspectos podería entenderse que opera como unha auténtica norma especial que despraza as determinacións xerais do planeamento superior.

Desestímase polos motivos expostos.

B4. Xestión urbanística.

-Desestímase a presente alegación por canto a omisión da necesidade do proxecto de compensación foi corrixida de feito na resolución desta Alcaldía do 16-3-2001 de aprobación inicial do documento por canto se impón como condición primeira para a aprobación inicial.

B5. Parcela dotacional.

-Desestímase a presente alegación con base no que informou a oficina de xestión urbanística municipal, con data do 11-5-2001, por canto que, logo de ve-las condicións de edificación que prevé o PXOM «poderá superar en todo caso a edificabilidade de 1,1 m/m».

B6. Incumprimento do convenio urbanístico.

-Desestímase esta alegación por canto o alegante confunde o concepto de desenvolvemento co concepto de execución, de xeito que o convenio do que trae causa o plan parcial prevía un desenvolvemento do solo urbanizable do polígono 1 nun prazo de 4 anos desde a aprobación do PXOM; é dicir, fálase de desenvolvemento normativo que se fai, precisamente, a través do plan parcial dentro do prazo que se establece.

B7. Estudio económico-financeiro.

-Desestímase esta alegación con base no que informa a oficina municipal de xestión urbanística: «O plan parcial non especifica no custo da rotonda se se refire só a obra ou se inclúe a compra de terreos. No estudio económico que se determinou para a realización do informe considerábase o custo total, polo que se entende que inclúe compra de terreos, se non fosen todos dos propietarios, o terreo público non o hai que comprar e tamén figura no orzamento xeral da rotonda onde se inclúen proxectos e contrata». Ademais, a avaliación do custo ten carácter meramente estimativo e determinarase máis precisamente no orzamento do proxecto de urbanización; procedendo, de se-lo caso, o reaxuste do aval.

C. Normativas sectoriais:

C1. Incumprimento con relación a CV-411.

-Desestímase a presente alegación por canto o plan parcial non colisiona coa normativa sectorial, xa que non se prevé substitución do valor perimetral desta estrada; e o informado pola deputación provincial non é realmente unha modificación do plano.

C2. Incumprimentos en relación coa N-532.

-Polo que se refire a esta alegación, non existe incompatibilidade de usos en zona de servidume por canto, logo de ve-los artigos 21 e 22 da Lei 25/1988 de estradas, non hai ocupación de zona de dominio público; e na zona de servidume os usos axústanse ós supostos que prevé o artigo 89 do Regulamento de estradas. De xeito que se desestima o ata aquí alegado neste punto.

Nembargantes si se aprecia contradicción entre a ordenanza 3.5 do plan parcial e o punto 8 da orde do Ministerio de Fomento do 16-12-1997, polo que deberá suprimirse o inciso «(excluída la marquesina)» que deberá suprimirse e, xa que logo, estímase a alegación neste punto concreto.

D. Deficiencias do proxecto.

-Desestímase a alegación por canto os documentos dos que se fala están asinados por técnico e visados polo colexio oportuno, non afectando en ningún caso ó contido do plan parcial.

Segundo.-Aprobar con carácter definitivo o Plan parcial do polígono 1 do solo urbanizable do PXOM de Verín formulado por Primosca, S.L., Centro de Servicios do Transporte de Verín, segundo o proxecto que consta no expediente, coa excepción da alegación que se acepta no relativo á ordenanza 3.5 do plan parcial de xeito que se suprime o inciso «(excluída la marquesina)»; abranguendo esta aprobación definitiva tódolos documentos, previsións e manifestacións que no referido proxecto figuran.

Terceiro.-Publica-la aprobación definitiva do plan parcial no Diario Oficial de Galicia e no BOP, inserindo neste último integramente o texto da normativa e ordenanzas do plan parcial.

Cuarto.-Cumpri-las restantes previsións que establece o artigo 48 da Lei do solo de Galicia para que a aprobación definitiva do plan parcial que se acorda sexa plenamente efectiva e eficaz.

Verín, 3 de agosto de 2001.

Mª Corona Meixeira Romasanta

Alcaldesa en funcións