Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva dun estudio de detalle en Sanjurjo Badía, 1-3 (expediente 5153/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 28 de xuño de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle da r/ Sanjurjo Badía nº 1-3º, segundo proxecto presentado pola entidade mercantil Promociones Inmobiliarias Cysalva, S.L. e redactado pola arquitecta Mercedes Muñoz Jaureguialzo, con planos visados polo COAG no 12 de septiembre de 2000 (expediente 5153/411).

Segundo.-Notifíqueselles este acordo á entidade promotora do estudio de detalle e demais interesados, nos termos previstos nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Publíquese no BOP e no DOG, con cumprimento dos trámites regulados no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo (LSG).

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 23 de xullo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo