Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de agosto de 2001, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de finalización do procedemento de taxación pericial contradictoria pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Manuel Rodríguez Barreiro e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordo de finalización do procedemento de taxación pericial contradictoria pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo en rúa Progreso, 38

entresollado, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 9 de agosto de 2001.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesado Procedemento

Manuel Rodríguez Barreiros

DNI 34381280

Marcelo Macías, 69, 2º Ourense

Finalización T.P.C.

Exp. 3325/94

Nº T.P.C. 172/99

Eligía Álvarez González,

rte. de Álvarez Glez.,

Eligia, Basilisa e Eugenio

DNI 34539831-H

Av. Habana, 77, 1º Ourense

Finalización T.P.C.

Exp. 132/95

Nº T.P.C. 230/99