Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 7 de agosto de 2001, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se notifica a apertura do expediente sancionador 300/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que se cita a seguir a apertura do expediente instruído por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 300/2001.

Denunciado: Mª del Rosario Vallejo Chacón.

Enderezo: r/ Duque de Rivas, 5-4º B, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

O dito interesado dispón dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto para poder examina-lo expediente no Servicio

de Estradas da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda (r/ Said Armesto, 1, Pontevedra) e presentar ante o citado servicio as alegacións que considere pertinentes.

Pontevedra, 7 de agosto de 2001.

P.A.

Ramón A. González Fernández

Xefe do Servicio Provincial de Estradas

de Pontevedra