Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.148

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2001 pola que se aproba a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para a provisión de prazas de auxiliares técnicos de servicios xerais.

Por resolución do rectorado desta universidade do 9 de marzo de 2001 (DOG do 26 de marzo) modificada pola Resolución do 29 de maio de de 2001 (DOG do 13 de xuño) convocáronse probas selectivas para a provisión de doce prazas de auxiliares técnicos de servicios xerais, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Por Resolución do 13 de xullo de 2001 (DOG do 27 de xullo) fíxose pública a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión das prazas anteriormente citadas.

Rematado o prazo de emenda dos motivos de exclusión ou omisión establecido na base 4ª da convocatoria e feitas as rectificacións oportunas, este rectorado

RESOLVEU:

Primeiro.-Declarar aprobada e facer pública a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión da causa de exclusión, ás citadas probas. A lista completa de aspirantes figurará exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Oporto, nº 1, Vigo) e nos rexistros dos campus de Ourense (unidade administrativa, campus As Lagoas s/n, Ourense), Pontevedra (E.U.E.T. Forestal, campus A Xunqueira s/n. Pontevedra) e Lagoas Marcosende (C.A.C.T.I., campus Lagoas-Marcosende, Vigo).

Segundo.-Convoca-los aspirantes admitidos para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 20 de outubro de 2001, ás once horas na facultade de CC. EE. e empresariais (campus Lagoas-Marcosende, Vigo).

Os aspirantes deberán ir provistos do documento nacional de identidade para a súa debida identificación, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Terceiro.-Establecer un prazo de tres días hábiles a partir do seguinte ó da realización deste exercicio para reclama-lo seu cuestionario.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Así e todo, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución, ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso, non caberá interpo-lo recurso antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 17 de agosto de 2001.

P.D. (Resolución 26-7-2001)

Pedro Merino Gómez

Vicerrector de Desenvolvemento e Transferencia de Ciencia e Tecnoloxía