1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: concesión dos servicios de explotación, mantemento e conservación do vertedoiro de inertes. Monterroso.
b) Lugar de execución: vertedoiro de inertes, Cumbraos-Monterroso.
c) Prazo de execución: 1 ano, prorrogable mediante acordo expreso das partes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: será retribución do concesionario os ingresos da recadación das tarifas cobradas ós usuarios do vertedoiro, na porcentaxe da mesma que financie os gastos de explotación.
5. Garantías:
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación, deducido do estudio económico presentado polo adxudicatario.
6. Obtención de información: Concello de Monterroso-praza de Galicia, 1. Teléfono: 982 37 70 01. Fax: 982 37 76 17.
a) Data límite para obtela: ata que remate o prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: acredita-lo cumprimento dos que se establecen no artigo 13 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos de Galicia -cláusula 16.2 do prego-.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo, tomando como data para o comezo do cómputo o seguinte ó da derradeira publicación que se produza.
b) Documentación que integrará as ofertas:
-Sobre B: comprenderá todos e cada un dos documentos que se sinalan nos artigos 16.2 do prego de condicións económico-administrativas particulares, así como a documentación técnica que se establece na cláusula 5ª do prego de prescricións técnicas.
-Sobre A: comprenderá a oferta económica, segundo o modelo que se establece no artigo 16.2 do prego antes referenciado.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Monterroso. Praza de Galicia núm. 1, CP 27560 Monterroso (Lugo).
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde a data en que remate o prazo de presentación das ofertas.
9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Monterroso o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, ás doce horas.
10. Gastos de anuncios: será por conta do adxudicatario o aboamento de cantos anuncios se publiquen con ocasión deste contrato.
Monterroso, 28 de xullo de 2001.
Antonio Edelmiro Gato Soengas
Alcalde-presidente