Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 11 de setembro de 2001 Páx. 12.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

Por resolución desta alcaldía foi adoptado o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente por instancia da entidade Cemipimaqui, S.L. o estudio de detalle para o reaxuste de aliñación e ordenación de volume do predio sito na praza de San Antonio do Porto de Espasante, deste termo municipal, de conformidade co proxecto redactado pola Elia Estraviz Pardo.

Segundo.-Ordena-la publicación do presente acordo na forma legalmente prevista e que se realicen os demais trámites regulamentarios ata a súa aprobación definitiva.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ortigueira, 31 de agosto de 2001.

Antonio Campo Fernández

Alcalde