Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 11 de setembro de 2001 Páx. 12.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: concesión dos servicios de explotación, mantemento e conservación dun punto limpo. Monterroso.

b) Lugar de execución: punto limpo, Vilar-Monterroso.

c) Prazo de execución: 1 ano, prorrogable mediante acordo expreso das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: serán retribución do concesionario os ingresos de venda dos residuos almacenados no punto limpo e un canon concesional, se é o caso.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación, deducido do estudio económico presentado polo adxudicatario.

6. Obtención de información: Concello de Monterroso-praza de Galicia, 1. Teléfono: 982 37 70 01. Fax: 982 37 76 17.

a) Data límite para obtela: ata que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-lo cumprimento dos que se establecen no artigo 13 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos de Galicia -cláusula 16.2 do prego-.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo, tomando como data para o comezo do cómputo o seguinte ó da derradeira publicación que se produza.

b) Documentación que integrará as ofertas:

-Sobre B: comprenderá todos e cada un dos documentos que se sinalan nos artigos 16.2 do prego de condicións económico-administrativas particulares.

-Sobre A: comprenderá a oferta económica, segundo o modelo que se establece no artigo 16.2 do prego antes referenciado.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Monterroso. Praza de Galicia núm. 1, CP 27560 Monterroso (Lugo).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde a data en que remate o prazo de presentación das ofertas.

9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Monterroso o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, ás doce horas.

10. Gastos de anuncios: será por conta do adxudicatario o aboamento de cantos anuncios se publiquen con ocasión deste contrato.

Monterroso, 28 de xullo de 2001.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente