Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 11 de setembro de 2001 Páx. 12.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial dun sector do solo apto para urbanizar (SAU Z-12) Lendo-Concello da Laracha, A Coruña.

O Pleno da Corporación, en sesión realizada o día 24 de xullo de 2001, aprobou definitivamente o Plan parcial dun sector do solo apto para urbanizar (SAU Z-12) Lendo, por instancia de Siderúrgica Añón, S.A., e redactado por Grupo Taller de Arquitectos y Urbanistas La Coruña, S.L. Dando cumprimento ó artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, procédese á publicación da normativa e as ordenanzas do citado Plan parcial.

Contra a aprobación definitiva do citado Plan parcial poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP da Coruña, de conformidade co disposto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 9/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Laracha, 26 de xullo de 2001.

José Manuel López Varela

Alcalde