Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 11 de setembro de 2001 Páx. 12.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2001, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto de servicios, polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de vixilancia de seguridade en diversos dispositivos de atención urxente extrahospitalaria e puntos de atención continuada dependentes da Xerencia de Atención Primaria de Lugo. (C.P. 7/2001).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de abril) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do servicio que a seguir se cita.

Obxecto: contratación do servicio de vixilancia de seguridade en diversos dispositivos de atención urxente extrahospitalaria e puntos de atención continuada dependentes desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo, de acordo co contido do prego tipo de cláusulas administrativas particulares, do prego de prescricións técnicas e normas complementarias C.P. 7/2001.

Orzamento: máximo autorizado de vintecinco millóns cincocentas mil pesetas (25.500.000 pesetas) (IVE incluído) (153.258,09 euros).

Lote 1:

DAUE de Lugo.

DAUE de Viveiro.

PAC de Meira.

PAC de Mondoñedo.

PAC de Monforte de Lemos.

PAC de Outeiro de Rei.

PAC de Palas de Rei.

PAC de Quiroga.

Forma de adxudicación: concurso público de servicios, procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de execución do contrato: desde a formalización.

Admisión de variantes: no se admiten variantes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios de subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza de Ferrol nº 11, 4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono 982 29 63 29 e 982 29 63 96; fax 982 29 62 28; tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados na folla de especificacións do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados na folla de especificacions do prego.

Criterios de adxudicación.

1. Prezo: 10 puntos.

2. Calidade da prestación: 10 puntos.

Na calidade valoraranse entre outros:

a) Formación do persoal.

b) Número de efectivos dispoñibles.

c) Metodoloxía na prestación do servicio.

d) Medidas de seguridade que hai que adoptar.

Clasificación: grupo III, subgrupo 2, categoría B.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax 982 29 62 28, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar no salón de actos desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 8 de agosto de 2001.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria