Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 371 de clasificación do monte Leguiña, pertencente ó lugar de Mazaricos de Arriba, parroquia de Mazaricos, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente 371, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: Leguiña.

Comunidade: lugar de Mazaricos de Arriba.

Parroquia: Mazaricos.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 12,80 ha.

Estremas: é parte do monte Aro, nº 103-B do CUP. Norte: con máis monte Aro, seguindo valado de terra que vai desde o punto denominado Riba do Camiño de Lago, situado a 168 m en dirección norte do piquete 73 do deslindamento do monte Aro ata o punto denominado Campo Redondo, situado entre os piquetes 19 a 20. Leste: monte Sta. Mariña, desde o punto Campo Redondo, entre os piquetes 19 e 20, ata o 23 seguindo a orde de piquetes. Propiedades particulares de veciños de Atán e Mazaricos de Arriba, desde o piquete 23 ó 27, na encrucillada de Cabalo Morto, seguindo a orde de piquetes. Sur: monte veciñal de Serráns, seguindo unha liña recta duns 190 m que vai do piquete 27, no cruzamento de Cabalo Morto, ata o 66. Oeste: propiedades particulares de veciños de Mazaricos de Arriba, do piquete 66 ó 73 seguindo a orde de piquetes e deste último segue 168 m na liña do deslindamento ata chegar ó punto Riba do Camiño de Lago.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 6 de xuño de 2001, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 6 de xuño de 2001.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña