Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 372 de clasificación do monte Pedra da Mostra e Cova da Loba, pertencente ó lugar de Gándara, parroquia de Vimianzo, concello de Vimianzo.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente 372, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: Pedra da Mostra e Cova da Loba.

Comunidade: lugar de Gándara.

Parroquia: Vimianzo.

Concello: Vimianzo.

Superficie: 40 ha.

Estremas: norte: monte veciñal en man común das Pasantes. Leste: Coto da Gándara. Sur: monte veciñal en man común de Ogas e Prado de Rajoy. Oeste: montes veciñais en man común de Montecelos e de Cures e Mouzo.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 6 de xuño de 2001, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 6 de xuño de 2001.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor