Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Campo, nos concellos de Covelo e Fornelos de Montes (provincia de Pontevedra), por parte de Granimar Otero, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Granimar Otero, S.L., con domicilio en Coruxo, Roteas, baixada á Ermida, Vigo, presentou nesta delegación provincial, o día 23-4-2001, instancia-solicitude de permiso de investigación Campo de 12 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, sección C), que se sitúa nos termos municipais de Covelo e Fornelos de Montes, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2.959, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 21' 00''42º 18' 40''

Vértice 28º 22' 20''42º 18' 40''

Vértice 38º 22' 20''42º 19' 40''

Vértice 48º 21' 00''42º 19' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 19 de xullo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra