Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 3 de agosto de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración de material e medios de laboratorio.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG Nº 157, do 14 de agosto de 2001, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 10.975, columna 1, liña: 13, onde di: «10. Gastos de anuncios. O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.», debe dicir: «10. Gastos de anuncios. O importe do anuncio será por conta do adxudicatario. 11. Esta contratación está enmarcada nas actuacións incluídas na medida número 8: prestación de servicios ás explotacións agrarias, comercialización de productos agrarios de calidade e enxeñería financeira (FEOGA-O), do eixo 7 Agricultura e Desenvolvemento Rural, do programa operativo de Galicia 2000-2006.»