Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/98-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Udesa.

Domicilio social: r/ Madrid 1 (As Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: L.M.T. e C.T.A. de Lobagueiras.

Situación: Touro.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón en conductor LA-30, de 380 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Bendaña e final no C.T. de Lobagueiras que se vai instalar. Centro de transformación tipo intemperie de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Lobagueiras, no concello de Touro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 17 de xullo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña