Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 12.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

EDICTO.

Ponse en coñecemento xeral que o Pleno Corporativo, con data do 30-8-2001, aprobou a memoria para o exercicio de actividades económicas, á que se refire o artigo 97.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, referente á adquisición do porto naútico deportivo e outros, suxeitándose a información pública debidamente anunciada no taboleiro de anuncios do concello, polo prazo de trinta días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto.

Sanxenxo, 31 de agosto de 2001.

Telmo Martín González

Alcalde