Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 12.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 2 de xullo de 2001, aprobou inicialmente a delimitación da unidade de actuación número 3 (UA-3) da avenida de Vilagarcía, promovida polos servicios técnicos municipais, elixindo como sistema de actuación o de cooperación.

O ámbito de actuación está situado na beira oeste da avenida de Vilagarcía, no tramo comprendido entre o edificio número 24 da citada avenida e solo urbanizable de Romero Donallo (SUP-1).

En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a todos aqueles que, por seren descoñecidos ou ignorarse o seu paradoiro, non poidan ser notificados persoalmente, e que de seguido se relacionan.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo

Nº parcelaReferencia catastralTitular

Del. actualDel. ano 90

110446568904 NH 3466HAntonio Barros Malleiro

210436568905 NH 3466HPromoventa Riveira, S.A.

36568906 NH 3466HConstrucciones Ruafer, S.A.