Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 12.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO sobre convocatoria de concurso para concesión da explotación do servicio de bar-polbería das instalacións da lonxa agropecuaria.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 156/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adxudicación da xestión mediante concesión da explotación do servicio de bar-polbería das instalacións da lonxa agropecuaria.

b) Lugar: Verín.

c) Prazo da concesión: cinco anos (prorrogables).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Canon anual mínimo da concesión: 500.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 25.000 pesetas.

Definitiva: 50.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo quinto día natural (15 días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das proposicións:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural (15 días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos puntos 6).

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións:

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: Pleno do 26-7-2001.

c) Consulta documentación: Secretaría Municipal.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 26 de xullo de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde