Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 12.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión de data 10 de agosto do actual, adoptou o seguinte acordo:

Aprobación definitiva do proxecto de compensación SUR-3 A Tapada de Bouzas. Procedeuse ó estudio do proxecto de compensación do polígono único do SUR-3 A Tapada de Bouzas, aprobado inicialmente en sesión do pleno do concello de data 10 de marzo de 2001, tramitado como propietario único (artigo 157.3º RXU) por iniciativa dos propietarios en proindiviso do único predio achegado, Mahía Inmobiliaria, S.L. e Fadesa Inmobiliaria, S.L., tendo sido publicado no DOG de 22 de marzo de 2001 (número 53) sen que se presentasen reclamacións ou alegacións ningunhas.

A corporación, despois de breve deliberación e concorrendo dez membros dos once que de feito e de dereito a compoñen, por unanimidade, acorda: 1. Presta-la aprobación definitiva ó proxecto de compensación SUR-3 A Tapada de Bouzas. 2. Que sexa publicado no BOP e no Diario Oficial de Galicia o texto íntegro deste acordo e os posibles recursos que se puideran presentar.

O que se fai público a través do presente anuncio, significando que, contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán

interpor recurso potestativo de reposición diante do concello no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpoñendo recurso contencioso-administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña no pazo de dous meses, sen que caiba simultanear ámbolos recursos. Os prazos indicados computaranse de data a data a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG. Durante o mes de agosto, non correrá o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo, salvo que se trate de procedementos para a protección dos dereitos fundamentais.

Sen prexuízos do anterior, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde