Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 12.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do PXOU no ámbito do polígono B-1 de Valdecorvos-Mourente, en execución de convenio e protocolo formalizados coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o vinteseis de maio de dous mil un, prestou aprobación inicial ó proxecto denominado de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana en execución de convenio e protocolo subscritos coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no ámbito do seu polígono B-1 de Valdecorvos-Mourente, en execución de convenio e protocolo subscritos coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sendo o proxecto formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe da oficina técnica municipal de Planeamento e Xestión con data outubro-2000, dispoñéndose no devandito acto administrativo suspender por un ano natural, desde a publicación deste acto, o procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos e de edificación ou demolición, no ámbito da totalidade do actual polígono B-1 de Valdecorvos-Mourente, dispoñéndose, así mesmo, o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (rúa Churruchaos, núm. 2 desta cida

de) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 22 de xuño de 2001.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tte. alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente