Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 12.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión de data 10 de agosto do actual, adoptou o seguinte acordo:

Aprobación definitiva do proxecto de urbanización SUR-3 A Tapada de Bouzas. Procedeuse ó estudio do expediente tramitado a solicitude das inmobiliarias Mahía e Fadesa, de aprobación definitiva do proxecto de urbanización SUR-3 A Tapada de Bouzas, do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Durante o período de exposición pública, non se presentou reclamación ou alegación ningunha.

A corporación, despois de breve deliberación e concorrendo dez membros dos once que de feito e

de dereito a compoñen, por unanimidade, acorda: 1. Presta-la aprobación definitiva ó proxecto de urbanización SUR-3 A Tapada de Bouzas. 2. Que sexa publicado no BOP e no Diario Oficial de Galicia o texto íntegro deste acordo e os posibles recursos que se puideran presentar.

O que se fai público a través do presente anuncio, significando que, contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición diante do concello no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpoñendo recurso contencioso-administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña no pazo de dous meses, sen que caiba simultanear ámbolos recursos. Os prazos indicados computaranse de data a data a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG. Durante o mes de agosto, non correrá o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo, salvo que se trate de procedementos para a protección dos dereitos fundamentais.

Sen prexuízos do anterior, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde