Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 12.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Obras e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras de pavimentación con aglomerado asfáltico do camiño do Loureiro en Santa Mariña.

b) Prazo de execución: un mes.

3. Financiamento do contrato.

O contrato financiarase con cargo á partida 05000-5111-601.05.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación do expediente: trámite normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

5. Orzamento base de licitación.

Sinálase como tipo de licitación: 11.035.605 pesetas incluído o IVE (66.325,32 euros).

6. Garantía.

Provisional: 220.712 pesetas.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Dependencia: Obras e Contratación.

c) Enderezo: praza de Armas, s/n.

d) Localidade e código postal: Ferrol-15402.

e) Teléfono: 981 33 67 05.

f) Fax: 981 33 67 47.

g) Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio de licitación no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, sito na planta baixa.

1ª Entidade: Concello de Ferrol.

2ª Enderezo: praza de Armas, s/n.

3ª Localidade e código postal: Ferrol-15402.

4º Teléfono: 981 33 67 03.

5º Fax: 981 35 41 22.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Enderezo: praza de Armas, s/n.

c) Localidade: Ferrol.

d) Data: o día que oportunamente se lles sinale ós licitadores.

e) Hora: a que oportunamente se lles sinale ós licitadores.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 23 de xullo de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde