Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 12.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (1/2000 e tres máis).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 12 de xuño de 2001 na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do seu delegado provincial, e coa asistencia dos vocais Manuel Martínez Garrido, José Antonio Illán Torrón, Manuel Veiga Franco, Luis Alfonso Casais Fernández (en substitución de Emilio Sánchez Coto) e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

-Expediente número: 1/2000.

Denominación: monte de Foilebar (parcela O Pico de Leizán e A Louseira).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Foilebar.

Concello: O Incio.

Superficie: 28 hectáreas.

Estremas:

Norte: predios particulares de veciños das parroquias de Vilarxoán (Leizán) e Foilebar. Leste: monte veciñal en man común da parroquia de Vilarxoán. Sur: monte veciñal da parroquia de Vilarxoán. Oeste: predios particulares de veciños da parroquia de Foilebar (Covelas) e monte veciñal en man común pertencente á parroquia de Santa Mariña.

A parcela Pico de Cabude queda sen clasificar mentres non se acredite suficientemente o seu aproveitamento polos veciños da parroquia de Foilebar.

-Expediente número: 2/2000.

Denominación: monte de Santa Xusta.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Santa Xusta.

Parroquia: O Mosteiro.

Concello: Cervantes.

Superficie: 16 hectáreas.

Estremas:

Norte: monte do lugar de San Martiño das Cañadas. Leste: predios particulares do lugar de Santa Xusta. Sur: monte do lugar do Fabal. Oeste: termo municipal das Nogais.

Descrición do perímetro:

Polo noroeste comeza no límite entre os termos das Nogais e de Cervantes, no punto de encontro co teso de Rebordelo, baixa augas vertentes separando o monte de Santa Xusta do monte do lugar de San Martiño das Cañadas, ata chegar ós predios particulares que o bordean polo leste, segue polo sur lindando augas vertentes co monte do lugar do Fabal ata o límite entre os termos municipais de Cervantes e As Nogais, e polo oeste, linda co termo municipal das Nogais ata o punto de comezo.

-Expediente número: 3/2000.

Denominación: monte do Fabal.

Comunidade propietaria: veciños do lugar do Fabal.

Parroquia: Vilasante.

Concello: Cervantes.

Superficie: 34 hectáreas.

Estremas:

Norte: monte do lugar de Santa Xusta. Leste: predios particulares. Sur: monte do lugar de Vilasante. Oeste: termo municipal das Nogais.

Descrición do perímetro:

Polo noroeste comeza no límite entre os termos municipais das Nogais e de Cervantes, no punto de encontro co teso de Rebordelos, segue polo devandito teso separando o monte do Fabal do monte do lugar de Santa Xusta, ata os predios particulares que o bordean na dirección leste, chega ó rego de Navallos que o separa polo sur do monte do lugar de Vilasante, ata o límite entre os termos municipais de Cervantes e As Nogais, e polo oeste, linda co termo municipal das Nogais ata o punto de comezo.

-Expediente número: 12/2000.

Denominación: monte Serra de Moncais, Serra da Parte e o Cornado.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia da Parte.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 119 hectáreas.

Estremas da parcela Serra de Moncais-82 hectáreas:

Norte: predios particulares. Leste: termo municipal da Pobra de Brollón. Sur: devasa do monte pertencente á Comunidade de Veciños da Parroquia de Reigada, e predios particulares. Oeste: predios particulares.

Estremas da parcela Serra da Parte-27 hectáreas:

Norte: límite coa parroquia de Valverde, baixando desde a Serra da Parte ata os predios particulares das casas da Parte. Leste e sur: predios particulares. Oeste: liña divisoria de augas coas parroquias de Valverde e Ribasaltas.

Estremas da parcela O Cornado-10 hectáreas:

Norte e leste: predios particulares. Sur: devasa do monte pertencente á Comunidade de Veciños da Parroquia de Reigada. Oeste: liña divisoria de augas e na máxima pendente que baixa desde o Coto do

Cornado ata o encoro do río Cabe e divide coa parroquia de Ribasaltas.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e co artigo 28 de seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 12 de xuño de 2001.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo