Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 12.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 23 de xullo de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación do expediente 3/2001, de clasificación dun monte desta provincia.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a seguir se indican:

-Expediente número: 3/2001.

Denominación: monte do Cambeiro.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Sanfiz de Bergazo.

Concello: O Corgo.

Superficie: 15 hectáreas.

Estremas:

Norte: rego de Refideiros, que divide coa parroquia de Pedrafita. Leste: camiño e predios particulares. Sur: autovía A-6, camiño e predios particulares dos veciños de Bergazo. Oeste: autovía A-6 e predios particulares da parroquia de San Cristovo de Chamoso.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 28 de marzo de 2001 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por este edicto faise pública a iniciación

para a posible clasificación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 23 de xullo de 2001.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo