Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán, (unidade central), expediente nº 2001090C.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: rede de saneamento rúas Navas, Penedo e Recosto.

Prazo de execución (meses): 4 meses.

3. Tramitación urxente; procedemento aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 10.965.002 pesetas.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información no Concello de Nigrán, praza Constitución 1, 36350 Nigrán (Pontevedra). Teléfono: 986 36 50 00; fax: 986 38 39 31, ata o remate do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría C.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Concello de Nigrán, ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.

8. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Nigrán ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Nigrán, 27 de agosto de 2001.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde