1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán, (unidade central), expediente nº 2001091C.
2. Obxecto do contrato.
Descrición: rede de saneamento Prado-Costa da Barxa.
Prazo de execución (meses): 4 meses.
3. Tramitación urxente; procedemento aberto; forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 24.788.390 pesetas.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información no Concello de Nigrán, praza Constitución 1, 36350
Nigrán (Pontevedra). Teléfono: 986 36 50 00; fax: 986 38 39 31, ata o remate do prazo de presentación de propostas.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría C.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.
c) Lugar de presentación: no rexistro do Concello de Nigrán, ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.
8. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Nigrán ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.
9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Nigrán, 27 de agosto de 2001.
José Manuel Rial Cadaval
Alcalde