Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (expediente 672/1983).

De conformidade co disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase concurso, polo procedemento aberto e poxa polo trámite urxente, para a adxudicación polo Concello de Marín da execución das obras de demolición parcial de edificación existente en Seixo, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto: a adxudicación das obras de demolición parcial de edificación existente en Seixo.

2. Prezo do contrato: 10.697.418 pesetas (IVE incluído).

3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.

4. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, en horas de 9 a 14, agás do sábado que será de 9 a 13 horas durante o prazo de trece días naturais (13), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no DOG. (Tomarase en conta para estes efectos a derradeira publicación en calquera destes dous diarios oficiais).

5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións do presente concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares e proxecto aprobado redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla e que se atopan a disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.

6. Apertura de proposicións: o sobre B que conterá a proposición económica, abrirase na sala da Comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado, celebrarase o día seguinte hábil á mesma hora.

Marín, 27 de agosto de 2001.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde