Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2001, da División Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de arquivos para biblioteca e historias clínicas con destino ó Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol. (SCS-53/2001) (2 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de arquivos para biblioteca e historias clínicas con destino ó Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol (2 lotes).

Orzamento: vintenove millóns trescentas mil pesetas con IVE incluído. (29.300.000 pesetas con IVE incluído). (176.096,55 euros).

LoteDescriciónImporte lotes

PesetasEuros

1Sistema andeis arquivo documentación clínica25.800.000155.061,12

2Sistema andeis para fondo bibliográfico3.500.00021.035,42

Garantía provisional: a garantía provisional é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de expecificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: desde a petición, máximo 1 mes.

Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes) proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económica, financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de claúsulas administrativas.

Documento de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, e tamén no enderezo da Internet: www.sergas.es/contratación.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 9 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio da presente contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2001.

P.O. (Resolución 19-7-2001)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería

de Sanidade e Servicios Sociais