Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dunha asistencia para o desenvolvemento da migración dos módulos Intranet/Internet e formulario TS da tarxeta sanitaria ó novo modelo de entidades. (S/402-2001).

-Obxecto e orzamento: desenvolvemento da migración dos módulos Intranet/Internet e formulario TS da tarxeta sanitaria ó novo modelo de entidades, por un importe máximo de cinco millóns trescentas trinta mil pesetas (5.330.000 pesetas) (IVE incluído), equivalente a 32.033,95 euros.

-Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no epígrafe 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2001.

-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais,

División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas e na páxina web do Sergas: www.sergas.es.

-Garantías: non se esixen.

-Admisión de variantes: non se admiten.

-Criterios de adxudicación: ver epígrafe 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no Edificio Administrativo de San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

-Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2001.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería

de Sanidade e Servicios Sociais