Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de moblaxe de hospitalización con destino a varios hospitais da Comunidade Autónoma galega. (SCS-47/2001) (3 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Caetano, bloque 2, planta 2ª en Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 54 27 67, 981 54 27 68. Fax: 981 54 27 62. Enderezo Internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar de entrega da subministración: varios hospitais da Comunidade Autónoma galega.

b) Naturaleza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de moblaxe de hospitalización (3 lotes).

-Orzamento total: noventa e un millóns oitocentas trinta e cinco mil pesetas, IVE incluído (551.939,47 euros); desagrégase en dúas anualidades: para o ano 2001, 41.015.000 pesetas (246.505,11 euros) e para o año 2002, 50.820.000 pesetas (305.434,35 euros).

LoteDescriciónAnualidade 2001Anualidade 2002

1Cama hospitalización xeral30.385.000 ptas.182.617,53 euros38.940.000 ptas.234.034,11 euros

2Mesa de noite paciente3.740.000 ptas.22.477,85 euros3.300.000 ptas.19.833,40 euros

3Cadeira de brazos paciente6.890.000 ptas.41.409,73 euros8.580.000 ptas.51.566,84 euros

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes).

4. Prazo de entrega desde a petición: máximo 45 días.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 18 de setembro de 2001.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 24 de setembro de 2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, a partir das 9 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver punto 18 da folla de especificacións do prego de tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obligado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2002.

13. Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición de las variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 7 de xuño de 2001.

17. Data de envío do anuncio: 31 de agosto de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2001.

P.O. (Resolución 19-7-2001)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería

de Sanidade e Servicios Sociais