Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación de subministración de equipamento para o servicio de oftalmoloxía deste complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 64/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

-Obxecto: subministración de equipamento para o Servicio de Oftalmoloxía do CHUS, estructurada en dezanove lotes:

Lote 1: unidade de refracción.

Lote 2: unidade de refracción.

Lote 3: oftalmoscopio indirecto.

Lote 4: frontofocómetro.

Lote 5: autorrefractómetro.

Lote 6: frontofocómetro automático.

Lote 7: querato-refractómetro.

Lote 8: biómetro-paquímetro.

Lote 9: campímetro automático Humphrey.

Lote 10: ecógrafo.

Lote 11: Laser Yag.

Lote 12: material cirúrxico para sala de curas, consulta de urxencias e Centro de diagnóstico (Teuchel).

Lote 13: material cirúrxico para sala de curas, consulta de urxencias e Centro de Diagnóstico (Moria).

Lote 14: material cirúrxico para quirófanos, quirófanos de urxencias e UCMA (Moria).

Lote 15: material cirúrxico para quirófanos, quirófanos de urxencias e UCMA (Teufel).

Lote 16: material cirúrxico para quirófanos, quirófanos de urxencias e UCMA (Grieshaber).

Lote 17: material cirúrxico para quirófanos, quirófanos de urxencias e UCMA (Dorc).

Lote 18: inversor + set de lentes.

Lote 19: inversor + set de lentes.

-Orzamento estimado: 35.477.676 pesetas (trinta e cinco millóns catrocentas setenta e sete mil seiscentas setenta e seis pesetas), IVE incluído. 213.225,13 euros (douscentos trece mil douscentos vintecinco euros con trece céntimos).

-Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de licitación (709.553 pesetas, 4.264,50 euros).

Definitiva: 4% do orzamento de licitación (1.419.107 pesetas, 8.529 euros).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

-Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

-Prazo de execución: trinta días, desde o 1 de novembro de 2001 ou desde a data de sinatura do contrato, se fose posterior. Este contrato non admite prórroga.

-Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

-Solvencia económica e financeira: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

-Solvencia técnica: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

-Criterios de adxudicación:

Número de puntos

1. Oferta económica:ata 50

2. Calidade dos materiais:ata 40

3. Servicio técnico da subministración:ata 10

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela-A Choupana s/n-15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

-Clasificación: non se esixe.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de contratación, reunida en acto público na Sala de Xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura

das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

-Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2001.

Felipe Casanueva Freijo

Xerente xeral en funcións do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela