Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación dun servicio de transporte de persoal deste complexo hospitalario ós centros de saúde da área sanitaria de Santiago de Compostela en que prestan a súa actividade asistencial, e de material sanitario que non precise condicións especiais de traslado, mediante procedemento aberto. (Expediente 17/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o esta

blecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

-Obxecto: servicio de transporte de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela ós centros de saúde da área sanitaria de Santiago de Compostela en que prestan a súa actividade asistencial, e de material sanitario que non precise condicións especiais de traslado.

-Orzamento estimado: 8.554.000 pesetas (oito millóns cincocentas cincuenta e catro mil pesetas), IVE incluído. 51.410,58 euros (cincuenta e un mil catrocentos dez euros con cincuenta e oito céntimos)

-Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación (171.080 pesetas, 1.028,22 euros).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

-Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

-Prazo de execución: doce meses, desde o 1 de outubro de 2001 ou data da sinatura do contrato se é posterior. Antes do seu vencemento, por mutuo acordo de ámbalas dúas partes, este contrato inicial poderá prorrogarse nos termos establecidos no artigo 198 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

-Admisión de variantes: non.

-Solvencia económica e financeira: a solvencia económica e financeira acreditarase mediante a presentación da documentación indicada no punto 1, do anexo I do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

-Solvencia técnica: a solvencia técnica acreditarase mediante a presentación da documentación indicada no punto 2 do anexo II do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

-Criterios de adxudicación:

Prezo: ata un máximo de 6 puntos.

Características técnicas dos vehículos: ata un máximo de 3 puntos.

Posta a disposición en exclusiva do CHUS de coche máis conductor permanente ata un máximo de 1 punto.

-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Admi

nistrativa do Hospital Clínico Universitario-A Choupana, s/n 15706-Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

-Clasificación: non se esixe.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela-A Choupana, s/n 15706-Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta Resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

-Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2001.

Felipe Casanueva Freijo

Xerente xeral en funcións do Complexo hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela