Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público de aparellos médicos, polo procedemento aberto e trámite ordinario. (C.P. 11/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), convoca o seguinte concurso público:

Expediente: C.P. 11/2001.

Obxecto: adquisición de aparellos médicos.

Orzamento: 19.530.000 pesetas (117.377,66 euros), IVE incluído; desagregado nos seguintes lotes:

Lote nº 1: 2 estacións de traballo de anestesia; (14.530.000 pesetas).

Lote nº 2: 1 mesa de operacións para cirurxía universal; (5.000.000 de pesetas).

Os licitadores poderán concorrer a un ou á totalidade dos lotes.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite ordinario.

Prazo de execución: 45 días desde a data de formalización do contrato, mellorables polo licitador.

Admisión de variantes: ata dúas.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver epígrafe 18 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: 1) Importe económico, ata 40 puntos. 2) Características funcionais, ata 30 puntos. 3) Servicio técnico e prazo de garantía, ata 20 puntos. 4) Prazo de posta en servicio, ata 10 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Hospital Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52 (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados. Para consultar datos: www.sergas.es.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, antes das 14 horas do décimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do adxudicatario.

Ourense, 3 de agosto de 2001.

P.D. (Decreto 211/1998, DOG do 13 de xullo)

Francisco Javier Puente Prieto

Director operativo do Complexo

Hospitalario de Ourense