A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cubertos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:
1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Hospital Clínico Universitario-A Choupana, s/n, 15706. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.
2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.
b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.
3. a) Lugar de entrega: no almacén de subministracións, planta (-4) do Hospital Clínico, ou nos lugares que o Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela determine.
b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: subministración sucesiva de material
para cirurxía de parkinson, estructurada en catro lotes:
Lote 1: electrodos cerebrais.
1.1. Electro para estimulación central profunda.
1.2. Electrodo para estimulación profunda de subtálamo.
Lote 2: cables de conexións multipolares con conducción lonxitudinal.
Lote 3: xeradores de parkinson.
3.1. Xerador VIM.
3.2. Xerador STN.
3.3. Xerador de médula.
Lote 4: bombas de infusión.
4.1. Bomba de infusión programable por telemetría de longa duración.
4.2. Catéter para bomba.
Lote nº Prezo unitario Consumo estimado Importe Importe
1.1 264.762 pesetas 5 1.323.810 pesetas 7.956,26 euros
1.2 264.762 pesetas 30 7.942.860 pesetas 47.737,55 euros
2 78.936 pesetas 35 2.762.760 pesetas 16.604,52 euros
3.1 938.975 pesetas 4 3.755.900 pesetas 22.573,41 euros
3.2 1.808.527 pesetas 15 27.127.905 pesetas 163.041,99 euros
3.3 1.018.922 pesetas 3 3.056.766 pesetas 18.371,53 euros
4.1 1.284.000 pesetas 5 6.420.000 pesetas 38.584,98 euros
4.2 65.431 pesetas 5 327.155 pesetas 1.966,24 euros
Importe: 52.717.156 pesetas (cincuenta e dous millóns setecentas dezasete mil cento cincuenta e seis pesetas), 316.836,49 euros (trescentos dezaseis mil oitocentos trinta e seis euros con corenta e nove céntimos).
Duración: catorce meses, desde o 1 de novembro de 2001 ou desde a data de sinatura do contrato, se fose posterior. O presente contrato admite prórroga. Esta tramitarase de acordo co establecido na cláusula 2.3.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.
c) Licitación: a totalidade ou a un ou máis lotes.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.
b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 21 de setembro de 2001.
c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.
6. a) Data límite de recepción de propostas: 29 de setembro de 2001.
b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.
c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán e/ou galego.
7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar de dita apertura: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas.
8. Garantías esixidas:
Garantía provisional: sí.
Importe total da garantía provisional: 2% do orzamento de licitación: 1.054.343 pesetas (6.336,73 euros).
Importe da garantía provisional por lotes:
Lote 1: 185.333 pesetas (1.113,88 euros).
Lote 2: 55.255 pesetas (332,09 euros).
Lote 3: 678.812 pesetas (4.079,74 euros).
Lote 4: 134.943 pesetas (811,02 euros).
Garantía definitiva: si, 4% do orzamento de licitación.
Importe total da garantía definitiva: 2.108.686 pesetas (12.673,46 euros).
Importe da garantía definitiva por lotes:
Lote 1: 370.667 pesetas (2.227,75 euros).
Lote 2: 110.510 pesetas (664,18 euros).
Lote 3: 1.357.623 pesetas (8.159,48 euros).
Lote 4: 269.886 pesetas (1.662,05 euros).
Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: mediante pagos parciais, con base nas entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recepcionadas, facturadas e conformadas.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicadora do contrato: o que establece o artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: as condicións que se establecen no prego tipo de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.
12. Prazo durante o que o licitador estará abrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura de proposicións.
13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o punto 13 da folla de especificacións.
14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.
15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.
16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publica.
17. Data de envío do anuncio: 8 de agosto de 2001.
18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2001.
Felipe Casanueva Freijo
Xerente xeral en funcións