Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para contratación da subministración sucesiva de stents para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 50/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cubertos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Hospital Clínico Universitario-A Choupana, s/n, 15706. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3. a) Lugar de entrega: no almacén de subministracións, planta (-4) do Hospital Clínico, ou nos lugares que o Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela determine.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: subministración sucesiva de stents, estructurada en sete lotes:

Lote 1: stent endocoronario (tipo resorte de mallas denso).

Lote 2: stent endocoronario flexible.

Lote 3: stent tubular.

Lote 4: stent coronario (de aceiro).

Lote 5: stent coronario (recuberto de material de inxerto PTFE).

Lote 6: stent coronario (recuberto de fosforicolina).

Lote 7: stent endocoronario bifurcado.

Lote nºPrezo unitarioConsumo estimadoImporteImporte

1218.500 ptas.22549.162.500 ptas.295.472,58 euros

2210.000 ptas.6213.020.000 ptas.78.251,78 euros

3185.000 ptas.15528.675.000 ptas.172.340,22 euros

4220.000 ptas.6213.640.000 ptas.81.978,05 euros

5218.000 ptas.153.270.000 ptas.19.653,10 euros

6185.000 ptas.305.550.000 ptas.33.356,17 euros

7214.000 ptas.153.210.000 ptas.19.292,49 euros

Importe: 116.527.500 pesetas (cento dezaseis millóns cincocentas vintesete mil cincocentas pesetas), 700.344,38 euros (setecentos mil trescentos corenta e catro euros con trinta e oito céntimos).

Duración: quince meses, desde o 1 de outubro de 2001 ou desde a data de sinatura do contrato, se fose posterior. O presente contrato admite prórroga. Esta tramitarase de acordo co establecido na cláusula 2.3.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 21 de setembro de 2001.

c) Se é o caso, importe e modalidades de pago da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 29 de setembro de 2001.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán e/ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela a partir das 10 horas do décimo pri

meiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas.

8. Garantías esixidas.

Garantía provisional: si.

Importe total da garantía provisional: 2% do orzamento de licitación: 2.330.550 pesetas (14.006,88 euros).

Importe da garantía provisional por lotes:

Lote 1: 983.250 pesetas (5.909,45 euros).

Lote 2: 260.400 pesetas (1.565,04 euros).

Lote 3: 573.500 pesetas (3.446,80 euros).

Lote 4: 272.800 pesetas (1.639,56 euros).

Lote 5: 65.400 pesetas (393,06 euros).

Lote 6: 111.000 pesetas (667,12 euros).

Lote 7: 64.200 pesetas (385,85 euros).

Garantía definitiva: si, 4% do orzamento de licitación.

Importe total da garantía definitiva: 4.661.100 pesetas (28.013,76 euros).

Importe da garantía definitiva por lotes:

Lote 1: 1.966.500 pesetas (11.818,90 euros).

Lote 2: 520.800 pesetas (3.130,07 euros).

Lote 3: 1.147.000 pesetas (6.893,61 euros).

Lote 4: 545.600 pesetas (3.279,12 euros).

Lote 5: 130.800 pesetas (786,12 euros).

Lote 6: 222.000 pesetas (1.334,25 euros).

Lote 7: 128.400 pesetas (771,70 euros).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pago e/ou referencia ós textos que as regulan: mediante pagos parciais, con base nas entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recepcionadas, facturadas e conformadas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: a que establece o artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: as condicións que se establecen no prego tipo de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o punto 13 da folla de especificacións.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publica.

17. Data de envío do anuncio: 8 de agosto de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2001.

Felipe Casanueva Freijo

Xerente xeral en funcións do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela