Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2001, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 32DP/2001, polo procedemento aberto, plurianual, para a contratación dun servicio de transporte de material sanitario entre os centros sanitarios de atención primaria e especializada da provincia da Coruña.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 21-4-1998 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde do 23-3-2000, convoca o seguinte concurso público, polo procedemento aberto, plurianual, para a contratación dun servicio de transporte de material sanitario entre os centros sanitarios de atención primaria e especializada da provincia da Coruña.

Servicio: transporte de material sanitario entre os centros sanitarios de atención primaria e especializada da provincia da Coruña.

Orzamento: 22.890.380 pesetas, IVE incluído (137.573,955 euros).

Fianza provisional: non.

1. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

2. Prazo de execución: dez meses.

3. Admisión de variantes: non se admiten

4. Clasificación económica: grupo: III; subgrupo: 9; categoría: B.

5. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares e folla de especificacións.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame, na Dirección Provincial do Sergas da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3, 4º andar, tódolos días laborables, agás os sábados, desde as 9 horas ata as 14 horas.

7. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, antes das 14 h do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 18 56 78) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co establecido no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3, a partir das 10 h do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: o pago dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do contrato ou contratos.

A Coruña, 2 de agosto de 2001.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña