Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2001, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante o concurso público 7/2001, da adquisición de reactivos e demais subministracións necesarias para a realización de probas analíticas para a unidade de bioquímica de urxencias do servicio de laboratorio do centro.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no parágrafo i) do artigo 7 da Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, da adquisición de reactivos e demais subministracións necesarias para a realización de probas analíticas para a unidade de bioquímica de urxencias do servicio de laboratorio do centro.

Obxecto e orzamento:

A adquisición de reactivos e demais subministracions necesarias para a realización de probas analíticas para a unidade de bioquímica de urxencias do servicio de laboratorio de HCV, por un orzamento máximo de 11.550.000 pesetas (69.416,9 euros) IVE incluído.

Prazo de entrega:

O material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado mediante entregas periódicas segundo as necesidades comunicadas polo servicio de laboratorio do centro.

Prazo de execución:

A execución do contrato: tres anos contados desde a súa formalización.

Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderá ser solicitada no Departamento de Contratación do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50 do Barco de Valdeorras (cód. postal 32300), tfno.: 988 33 90 61.

Garantías:

Deberá consignarse unha garantía provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de duascentas trinta e unha mil pesetas (231.000 pesetas, 1.388,34 euros), e unha garantía definitiva do 4% do orzamento de adxudicación. As ditas garantías constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira:

Acreditarase por calquera dos medios, alomenos un, dos sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000.

Solvencia técnica:

Acreditarase por calquera dos medios, alomenos un, dos sinalados no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000.

Clasificación:

Non se precisa.

Criterios de adxudicación:

-Prezo: ata 40 puntos.

-Calidade: ata 30 puntos.

-Solución técnica que supoña unha mellora na prestación do servicio: ata 20 puntos.

-Dispoñibilidade de EAN 128 e EDI: ata 10 puntos.

Admisión de variantes:

Non se admite a presentación de variantes.

Presentación de proposicións:

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Departamento de Contratación do Hospital Comarcal Valdeorras, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións:

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras, o décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores:

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 2 de agosto de 2001.

Luis A. González Rodríguez

Director xerente do Hospital Comarcal

Valdeorras do Barco de Valdeorras