Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para contratación da subministración sucesiva de material de osixenación para cirurxía cardíaca para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto (expediente 52/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cubertos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Hospital Clínico Universitario-A Choupana, s/n, 15706. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3. a) Lugar de entrega: no almacén de subministracións, planta (-4) do Hospital Clínico, ou nos lugares que o Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela determine.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: subministración sucesiva de material de osixenación para cirurxía cardíaca, estructurada en catro lotes:

Lote 1: cánula venosa acodada.

Lote 2: se para autotransfusión.

2.1. Se de recolleita.

2.2. Se de lavado.

Lote 3: se de osixenación.

3.1. Se de cardioplexia.

3.2. Se de membrana.

3.3. Osixenador.

Lote 4: se de osixenación con tubos e conos.

Lote nºPrezo unitarioConsumo estimadoImporteImporte

18.000 pesetas2401.920.000 pesetas11.539,43 euros

2.120.000 pesetas2254.500.000 pesetas27.045,54 euros

2.222.000 pesetas2254.950.000 pesetas29.750,10 euros

3.116.000 pesetas3756.000.000 de pesetas36.060,73 euros

3.210.500 pesetas2402.520.000 pesetas15.145,51 euros

3.362.000 pesetas24014.880.000 pesetas89.430,60 euros

4122.000 pesetas9010.980.000 pesetas65.991,13 euros

Importe: 45.750.000 pesetas (corenta e cinco millóns setecentas cincuenta mil pesetas), 274.963,04 euros (douscentos setenta e catro mil novecentos sesenta e tres euros con catro céntimos).

Duración: quince meses, desde o 1 de outubro de 2001 ou desde a data de sinatura do contrato, se fose posterior. O presente contrato admite prórroga. Esta tramitarase de acordo co establecido na cláusula 2.3.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Licitación: a totalidade ou a un ou máis lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 21 de setembro de 2001.

c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6. a) Data límite de recepción de propostas: 29 de setembro de 2001.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán e/ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de dita apertura: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas.

8. Garantías esixidas:

Garantía provisional: si.

Importe total da garantía provisional: 2% do orzamento de licitación: 915.000 pesetas (5.499,26 euros).

Importe da garantía provisional por lotes:

Lote 1: 38.400 pesetas (230,79 euros).

Lote 2: 189.000 pesetas (1.135,91 euros).

Lote 3: 468.000 pesetas (2.812,74 euros).

Lote 4: 219.600 pesetas (1.319,82 euros).

Garantía definitiva: si, 4% do orzamento de licitación.

Importe total da garantía definitiva: 1.830.000 pesetas (10.998,52 euros).

Importe da garantía definitiva por lotes:

Lote 1: 76.800 pesetas (461,58 euros).

Lote 2: 378.000 pesetas (2.271,83 euros).

Lote 3: 936.000 pesetas (5.625,47 euros).

Lote 4: 439.200 pesetas (2.639,64 euros).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: mediante pagos parciais, con base nas entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recepcionadas, facturadas e conformadas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicadora do contrato: o que establece o artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: as condicións que se establecen no prego tipo de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

12. Prazo durante o que o licitador estará abrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o punto 13 da folla de especificacións.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publica.

17. Data de envío do anuncio: 8 de agosto de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2001.

Felipe Casanueva Freijo

Xerente xeral en funcións