Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO do 2 de agosto de 2001, da Área Provincial da Coruña, polo que se lles require a retirada dos mobles da vivenda sita na Coruña, polígono de Elviña II fase, bloque 17, portal 2, piso 5º A, conta 233, expediente C40IV76, a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles.

Con data do 14 de febreiro de 2001 compareceu ante o IGVS María Suárez Lugrís, titular da vivenda sita na Coruña, polígono de Elviña II fase, bloque 17, portal 2, piso 5º A, conta 233, expediente C40IV76 coa conseguinte recuperación da súa posesión. A dita renuncia é consecuencia do procedemento de desafiuzamento nº 77/1999 seguido contra Jesús Vázquez Villarabide e que foi resolto con data do 14 de febreiro de 2001.

Unha vez inspeccionada a vivenda, observouse que existen diversos mobles e útiles que non foron retirados polo seu propietario, polo que, despois de diversas indagacións e descoñecendo o seu domicilio actual, requírense aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre este mobles para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para tódolos efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos útiles deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (edificio de servicios múltiples. Salvador de Madariaga, s/n. A Coruña). Teléfono: 981 18 48 00, expido, asino e selo este anuncio na Coruña, 2 de agosto de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña